martes, 14 de diciembre de 2010

Cascada de Ezaro


A Cascada do Ézaro é a única desembocadura dun río de Europa que cae no oceano dende o alto, máis de cen metros e cae nun pozo de case vinte metros de profundiade. O río Xallas descolgase a través das rochas, pero tan só o fai cando as comportas da presa do embalse de Santa Uxía se abren.
O carón está o Museo da Eletricidade de Ézaro que fai un percorrido pola historia da Costa da Morte seguindo o fío da electricidade. E tamén se atopa o Mirador de Ézaro cunha espectacular vista do salto do Xallas no seu tramo final cara o Atlántico.


Faro Touriñán



Faro Touriñan é o punto máis Oeste de España, un lugar cheo de naufraxios e lendas. Unha delas é a da furna de Buxerán, unha furna situada preto deste faro. 
A lenda dí que na cima dun castro no lugar de Castelo existía un castelo pertencente a un aguerrido cabaleiro, quen tiña unha filla moi fermosa, Frolinda. Nunha das suas largas ausencias para ir loita cos enemigos da fé, achegouse ó castelo un bo mozo troveiro chamado Buxerán. Frolinda e Buxeran quedaron prendados. Ó regreso do pai, enterado dos amoriso da súa filla, expulsa o xuglar do castelo e encerra a Frolinda nun apartado aposento. Isto non fai máis que acrecentar o enamoramento dos mozos, e Buxerán cantaba tódalas noites fermosas cancións a súa namorada. Encabuxado o pai ordeou os seus criados matar a Buxerán tirandoo dende o alto dunhas rochas. Frolinda volviuse tola o enterarse do tráxico desenlace, camiñando descalza día e noite polo acantilado chamando o seu amado: "Onde tás Buxerán?"
Dende o máis profundo do oceano chegan os sons das cantidas do trobeiro. De súpeto unha enorme ola de fermosa espuma, toma a forma de Buxerán e dalle unha paerta a súa amada levandoa para sempre.
Durante moitos anos foron moitos os mariñeiros que decían escoitar as cancións de Buxerán o pasar pola furna.


Caldeiras do Castro



As Caldeiras do Castro está no Concello de Muxía, na parroquía de Coucieiro, son unha serie de rápidos no río Castro que producen nas rochas do seu cauce unhas curiosas formas alveolares, o que produce unha curiosidade de formas de gran beleza natural. Todo iso enmarcado nun entorno salvaxe que acentúa se cabe aínda máis a súa beleza.