martes, 14 de diciembre de 2010

Faro Touriñán



Faro Touriñan é o punto máis Oeste de España, un lugar cheo de naufraxios e lendas. Unha delas é a da furna de Buxerán, unha furna situada preto deste faro. 
A lenda dí que na cima dun castro no lugar de Castelo existía un castelo pertencente a un aguerrido cabaleiro, quen tiña unha filla moi fermosa, Frolinda. Nunha das suas largas ausencias para ir loita cos enemigos da fé, achegouse ó castelo un bo mozo troveiro chamado Buxerán. Frolinda e Buxeran quedaron prendados. Ó regreso do pai, enterado dos amoriso da súa filla, expulsa o xuglar do castelo e encerra a Frolinda nun apartado aposento. Isto non fai máis que acrecentar o enamoramento dos mozos, e Buxerán cantaba tódalas noites fermosas cancións a súa namorada. Encabuxado o pai ordeou os seus criados matar a Buxerán tirandoo dende o alto dunhas rochas. Frolinda volviuse tola o enterarse do tráxico desenlace, camiñando descalza día e noite polo acantilado chamando o seu amado: "Onde tás Buxerán?"
Dende o máis profundo do oceano chegan os sons das cantidas do trobeiro. De súpeto unha enorme ola de fermosa espuma, toma a forma de Buxerán e dalle unha paerta a súa amada levandoa para sempre.
Durante moitos anos foron moitos os mariñeiros que decían escoitar as cancións de Buxerán o pasar pola furna.


No hay comentarios:

Publicar un comentario